Composición 2ª Evaluación

COMPOSICIÓN 2ª EVALUACIÓN


O Movemento Obreiro é unha actividade social política de obreiros e campesiños co
 fin de mellorar a súa situación, no marco da sociedade burguesa. Os sindicatos
 pretenden mellorar as condicións de traballo e salarios, mediante negociacións cos
 patróns e as folgas. O movemento obreiro orixinase porque o liberalismo establece 
unhas novas normas que deixan indefensos ós obreiros e campesiños (condicións de 
vida infrahumanas, xornadas de traballo interminables, etc.), defendendo os intereses 
dos patrón e grandes propietarios.


O Movemento Obreiro nace en España entre 1830 e 1840 en Cataluña xa que era o 
único lugar onde existía unha industria moderna, o sector téxtil algodonero. Alí
 produxéronse os primeiros conflitos entre obreiros e patróns e alí fundouse en 1840 
o primeiro sindicato na historia de España. Tamén en Cataluña, tivo lugar a primeira
 folga xeral en 1855, durante o bienio progresista, fundamental para exportar o
 movemento a diferentes partes de España. 

DOC1. No 1857, prodúcese a primeira folga de mulleres en Galicia polas malas 
condicións de traballo e pola mecanización da fábrica dentro da corrente ludita 
que iniciaran os artesáns ingleses. O ludismo foi un movemento obreiro que adquiriu
 auxe en Inglaterra a partir do odio incondicional cara ás máquinas. Os seus
 seguidores chamábanse ludistas ou luditas, nome que tomaron do líder do
 movemento, Ned Ludd, que foi o primeiro en romper un tear como protesta. 
O ludismo representaba as protestas dos obreiros contra as industrias polos
 despedimentos e os baixos salarios ocasionados pola introdución das novas 
tecnoloxías, estas revoltas eran desorganizadas e os obreiros atentaban contra
 as máquinas destruíndoas. A pesar de todo isto, a folga non conseguiu parar o
 avance tecnolóxico e os intereses da tabaqueira. 
DOC2. En 1855 comezou a primeira folga xeral en España. A motivación foi a
 orde que disolvía as asociacións obreiras ilegais, e poñendo baixo o control militar 
todas as asociacións de socorros mutuos permitidas. A folga xeral que durou do
 2 ao 11 de Xullo, foi masivamente seguida. O lema da folga era “asociación ou morte”.
 Ademais da liberdade de asociación (doc.2), pedíase a redución da xornada de
 traballo e o aumento do salario como a redución de prezos de artigos de primeira
 necesidade, aínda que sempre mantiñan por diante que o feito de ter dereito a
 asociarse non debería de afectar ós que xa tiñan como seres individuais. Pese
 a estes feitos, a maior parte da clase obreira en España mantivo unha atitude
 pasiva durante unha boa parte do século XIX. A pesar das duras condicións de
 vida e traballo, non foi ata 1868, que triunfou a Revolución Gloriosa, cando a
 poboación se concienciou de que comezara o movemento organizado das clases
 traballadoras. Dúas etapas separadas polo Sexenio Democrático: Ata 1868,
 desenvolveuse en algunhas poucas áreas e tivo escasa repercusión, en gran
 medida por la reducida industrialización do país. 
A partir de 1868 recoñeceuse a liberdade de asociación e penetrou en
España a influencia da 1ª Internacional. Neste período iniciouse a axitación 
social baixo a dobre influencia ideolóxica do anarquismo e do socialismo.


DOC3. A creación da AIT foi un intento de organización que une sindicatos de distintos
  países, coa intención de unificar todos os intereses dos proletariados. Formada por
  diversos grupos anarcosindicalistas e sindicalistas que rexeitaban o neutralismo sindical
  da carta de Amiens.   
Os membros da AIT agruparon, ademais de organizacións de masas, a grupos
 de propaganda anarcosindicalistas.
    A guerra entre 1914 e 1918 supuxo a quebra do internacionalismo social-demócrata
 pola falla de acordo entre a esquerda gobernamental e a esquerda revolucionaria.
 A revolución rusa defraudou rapidamente polo que os anarcosindicalistas acabaron
 pensando que non debían esperar emancipación algunha por parte dos bolcheviques.
    Unha gran novidade progamática da AIT era a rotura definitiva dos partidos
 políticos, en principio, vistos como inimigos dos traballadores.
    Non obstante, as seccións da organización foron eliminadas e reprimidas
 polas ditaduras de todo tipo: nazismo, franquismo, comunismo, perdendo as
 forzas para realizar as accións das primeiras décadas do século vinte.
    A pesar disto, non morreu a AIT. Conseguiu sobrevivir á guerra fría, e contou
 cun pequeno rexurdimento despois da caída do muro de Berlín. Esta asociación
 de traballadores defendeu á sociedade e provocou perigo para os demais.


DOC.4 O anarquismo e socialismo destacan no Movemento Obreiro polas súas tendencias 
ideolóxicas.


O anarquismo (CNT) sempre mantivo a súa negativa a participar en política e
 rexeitaba o reformismo social. Estaba arraigado en zonas industriais e urbanas 
de Cataluña e no campesiñado andaluz e estremeño. Dividíuse en partidarios da
 estratexia terrorista e os partidarios ao socialismo. O sindicalismo revolucionario 
francés tivo moita influencia en España e abriu unha nova etapa na que se formou 
a Solidaridad Obrera(1907). En Cataluña, as sociedades obreiras anarcosindicalistas
 catalás fundan en 1910 a Conferencia Nacional del Trabajo, a cal reafirma a súa 
acción directa como estratexia fronte á política.


O socialismo, fórmano PSOE (forza reducida pero que medraba lentamente) e 
UGT (sindicato estreitamente ligado co PSOE, que experimentou un gran
 crecemento), despois dunha década, Pablo Iglesias (dirixente da UGT) acepta
 colaborar co republicanismo na loita pola democratización do réxime sen renunciar
 á revolución social. Este cambio produciuse tras  a Semana Tráxica coa formación
 da Conjunción Republicano-Socialista (1909), que puxo fin ao illamento do PSOE. 
O socialismo incorpora ás súas filas a Luis Araquistáin e Julián Besteiro, grazas á
 alianza cos republicanos, o socialismo foi unha forza parlamentaria e na UGT
 incorpóranse os obreiros industriais e acrecenta a súa implantación en Asturias,
 Biscaia e Madrid.

Comentarios

Entradas populares